Valentín Paz-Andrade ( Pontevedra, Galiza, 23 de abril de 1898 - Vigo, Galiza, 19 de maio de 1987) foi um jurista, economista, escritor, poeta e jornalista galego. O Dia das Letras Galegas do ano 2012 foi dedicado a este escritor.
O QUE TODO GALEGO CHORARÍA
Chora, Terra, teu pranto xeneroso.
O que todo galego choraría,
en roda de multánime silenzo
e ollares abatidos
sobor do longo corpo derrubado
que fora vivo mastro en loita núa;
perto daqueles beizos, seca fonte
da verba nunca de antes máis belida;
do peito petrucial, refrorecido
de mapoulas pampeiras,
que envexan a nacencia das chorimas;
xunto das postas maos voltas ao xelo,
onde a eito agromaron da súa arte,
no cerne da galega patronía,
vizosas primaveras.
Sem comentários:
Enviar um comentário