quarta-feira, agosto 17, 2011

Amancio Prado canta um poema galego de Lorca


Romaxe de Nosa Señora da Barca

¡Ay ruada, ruada, ruada,
da Virxen pequena
e a súa barca!


A Virxen era de pedra
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as sendeiros chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as froles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando ai-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend'a porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada 
da Virxen pequena 
e a súa barca!

Federico García Lorca

Sem comentários: