Romanxe de Nossa Señora da Barca
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a sua barca!
A virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.
Pompas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortas e mortos de néboa
pol-as congostras chegaban.
Virxen, deixa a túa cariña
nos doce ollos das vacas
e leva sobr’o teu manto
as frores da amortallada!
Pol-a testa da Galicia
xa ven salaindo a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend’a porta da súa casa.
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a sua barca!
Federico Garcia Lorca
Sem comentários:
Enviar um comentário