sexta-feira, fevereiro 24, 2012

Hoje é dia de recordar a língua galega e a sua musa


¡SOIA!

Eran dondal'as tardes,
Risoñas as mañáns,
I era a tristeza súa
Negra com'a orfandá.
...Iñase a amañecida
tornaba coa serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguén llo iña a esculcar.
...Tomóu un día leve
Camiño do areal...;
Como naide a esperaba
Ela non tornou máis.
...Ó cabo dos tres días
Botouna fora o mar,
I alí onde o corvo pousa,
Soia enterrada está.

in
Follas Novas (1880) - Rosalía de Castro

Sem comentários: