quarta-feira, janeiro 06, 2010

Cantares de Reis

Recorrendo à recolha de um amigo galego, aqui fica a tradicional música desse país irmão, com explicação prévia:

Os Cantares de Reis chamados nalgúns lugares da nosa xeografía como "reises" ou "aguinaldos", son pequenas composicións cantadas que tradicionalmente entonábanse divididas en dous grupos e que narran a historia do nacemento do neno Xesús maila chegada dos reis Magos a Belén coas súas reliquias.

Estas composicións adoitaban presentar tres partes: a petición de licencia pra o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e finalmente, a petición de aguinaldo, que tradicionalmente consistía en algo de xantar ou doces pra montaren unha festa. En moitos lugares aparecía a figura máxica do Gaiteiro interpretando xotas e muiñeiras pra abri-la festa.

No video amósanse dous temas sonoros de execución espontánea: "Coplas de Nadal, Aninovo e Reises" (Soto-Ustre) e "Reises" (Hio) - localidades de Pontevedra. Contidos no disco de Alan Lomax "The Spanish Recordings: Galicia" - gravacións realizadas no ano 1952 -, o documento sonoro baseado nun criterio musicolóxico máis antigo de que se dispoñe da nosa música tradicional .



Sem comentários: