Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía Castro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía Castro. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, maio 17, 2012

Porque hoje é o Día das Letras Galegas

Cantares Gallegos é unha obra poética de Rosalía de Castro publicada no ano 1863.
Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega.
No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).
Tódolos críticos consideran que Cantares Gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.



Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares Gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do poemario a Fernán Caballero, asinada o 17 de maio de 1863.
A principios dos anos sesenta, Francisco Fernández del Riego propuxo a institución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ó modo do Día del Libro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 de abril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares Gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Trala súa proposta, a Real Academia Galega aprobou en 1963 convoca-lo Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, celebrándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.

sexta-feira, fevereiro 24, 2012

Hoje é dia de recordar a língua galega e a sua musa


¡SOIA!

Eran dondal'as tardes,
Risoñas as mañáns,
I era a tristeza súa
Negra com'a orfandá.
...Iñase a amañecida
tornaba coa serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguén llo iña a esculcar.
...Tomóu un día leve
Camiño do areal...;
Como naide a esperaba
Ela non tornou máis.
...Ó cabo dos tres días
Botouna fora o mar,
I alí onde o corvo pousa,
Soia enterrada está.

in
Follas Novas (1880) - Rosalía de Castro

quarta-feira, agosto 17, 2011

Lorca foi assassinado há 75 anos - II

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros, provincia de Granada, 5 de junio de 1898 – entre Víznar y Alfacar, ibídem, 19 de agosto de 1936) fue un poeta, dramaturgo y prosista español, también conocido por su destreza en muchas otras artes. Adscrito a la llamada Generación del 27, es el poeta de mayor influencia y popularidad de la literatura española del siglo XX. Como dramaturgo, se le considera una de las cimas del teatro español del siglo XX, junto con Valle-Inclán y Buero Vallejo. Murió ejecutado tras el levantamiento militar de la Guerra Civil Española, por su afinidad al Frente Popular y por ser abiertamente homosexual.

Morrem jovens os que os deuses amam - tu, que amavas, como os antigos helénicos adoradores dos velho panteão, o corpo masculino, não morrerás nunca. Pois ficaste nos teus poemas, na tua música, no teu teatro, na memória de muitos...

NOTA: Para os que desconhecem esta faceta do poeta, um poema em galego...!

Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!


Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!